Un convenio entre a Universidade e a vicepresidencia de Cultura da

Un total de 30.000 euros da vicepresidencia da Deputación de Lugo permitirán manter viva a maior base de datos sobre a represión  na Galiza. Esta é a única axuda pública, estatal e galega, coa que neste momento conta o proxecto interuniversitario “Nomes e voces”.
photo_camera Instantánea da sinatura do convenio

O convenio permitirá manter viva a páxina web, onde se pode encontrar a base de datos máis completa sobre as vítimas da represión fascista entre o 36 e o 40, e actualizar a información referida á provincia de Lugo. Daráselle así continuidade que o proxecto Nomes e Voces vén realizando na provincia de Lugo dende o ano 2010, e que permitiu recuperar recompilar, analizar e dixitalizar memorias, diarios e fotografías, causas militares e outros documentos que son testemuño da represión.

“O Partido Popular non só se nega a participar na recuperación deste período- sinalou Mario Outeiro, o delegado de Cultuar e Turismo da Deputación- senón  que sempre se nega a condenar o réxime que provocou o xenocidio na Galiza do último terzo da década dos anos 30 e parte dos años 40”. O delegado de cultura referíase así á retira de apoio institucional ao proxecto por parte da Administración Galega. O proxecto, que botou a andar ao calor da declaración de 2006 como Ano da Memoria en Galiza, e viu reducida a axuda da Consellería de 180.000 euros en 2009 a 30.000 en 2010 e a 0 en 2011.

A formalización do Convenio coa Deputación permitirá seguir a recoller en Lugo os nomes das represaliadas e represaliados da provincia durante a Guerra Civil e a primeira parte do franquismo, así como completar os mapas cos lugares da represión e localizar nova documentación.

O proxecto “Nomes e Voces” é o maior esforzo por recoller e sistematizar os datos sobre as vítimas da represión na Galiza. Cun total de 476 entrevistas, ás vítimas ou a familiares directos, é hoxe en día o maior arquivo sonoro sobre a Guerra Civil no estado. Elaborou até o momento unha listaxe cun total de 18.000 persoas represaliadas na Galiza dende o 36 ao 40 e foron revisados máis de 2.600 expedientes militares e visitados 310 rexistros civís.

Comentarios