3. Leite creme ao estilo portugués

Unha sobremesa a medio camiño entre a crema catalá e unhas natillas:
Leite-crem
photo_camera Leite-crem

3. Leite creme ao estilo portugués

NGREDIENTES (para 4 persoas):

  • 1 litro de leite
  • 2 culleradas de Maizena
  • 200 gramos de azucre
  • 3 xemas de ovo
  • 2 ramas de  canela
  • As cascas de 3 limóns
  • 1 chisco de sal
  • Canela en po

ELABORACIÓN

Empezamos mesturando ben as xemas co azucre até que sexa case branco. Por outra banda, disolvemos a Maizena no leite batendo moi ben para que non queden grumos e engadímoslle a mestura das xemas e o azucre.

Incorporamos a canela, as cascas de limón e un chisco de sal e removemos un pouco. Levamos ao lume e removemos de forma constante, para evitar que non saian grumos.

Aos poucos irá facéndose máis espesa, de forma que cando teña a espesura que buscamos (que irá máis ben ao gusto do consumidor), quitámola do lume e retiramos as cascas de limón e a canela.

Vertemos en vasiños individuais e deixamos arrefriar. Se queremos, podemos tostar a parte de arriba ao modo da crema catalá. Para iso é mellor deixar arrefriar e que se forme unha capa máis dura por arriba. Sobre ela colocaremos o azucre que torraremos co queimador. A outra forma de rematar esta sobremesa é espolvoreando un pouco de  canela, que é polo que nos decantamos nós.

  • Tempo de elaboración: 45 minutos
  • Dificultade: Media-baixo
  • Calorías: Media-baixas

DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, TORRADAS DE LEITE E CANELA, PREMENDO AQUÍ 

Comentarios