28 proxectos escénicos recibirán axudas á produción

No apartado de actividade escénica plurianual, Elefante Elegante foi a única compañía gañadora, e recibirá 100.000 euros para desenvolver unha folla de ruta deseñada para o período comprendido entre 2022 e 2024.
'Alma de tigre', de Elefante Elegante.
photo_camera 'Alma de tigre', de Elefante Elegante.

A Axencia Galega de Industrias Culturais vén de facer público o resultado da convocatoria de axudas á creación escénica para compañías profesionais galegas. 

No apartado de actividade escénica plurianual, Elefante Elegante foi a única compañía gañadora, e recibirá 100.000 euros para desenvolver unha folla de ruta deseñada para o período comprendido entre 2022 e 2024 coas producións de Kyoki e Un momento precioso, ademais de continuar co distribución de Alma de tigre e outros espectáculos do seu repertorio. 

 

No apartado dedicado a propostas de teatro, novo circo e maxia, foron 15 compañías as que lograron a puntuación necesaria para obter a axuda: Sarabela Teatro co seu espectáculo Contos Arraianos, Butacazero para a obra Papaguena; Talía Teatro con Unha enemiga do pobo; Producións Teatráis Excéntricas para Pirolíticos, a nova obra de Mofa e Befa; Redrum Teatro con Hamelín; Ainé Producciones con Códice-K, Caramuxo Teatro con Crisálida; e Matarile con Proxecto Woodman. 

Catro compañías de títeres porán en escena as súas novas montaxes co apoio das axudas: Títeres Cachirulo con O tesouro esquecido; A Xanela do Maxín con Coliño; Os monicreques de Kukas con Viva Vivaldi (1,2,3 e 4 emisoras); e Títeres Viravolta por A regadora de asubiote. Tamén obteñen a condición de beneficiarias De Ste Xeito Producciones para o espectáculo La resurrección de Nuno, Culturactiva para Castelao e Ártika Cía para a peza Mosca

As artes do movemento contan cun apartado específico. Cinco proxectos serán beneficiados: Nós, de Nova Galega de Danza; Sin la soga al cuello, de Ensalle Teatro; Multiperspectiva#2, de Paula Quintas Cía; Frida, de Cristina Collazo, e Magma, de Incendiaria.  

 Finalmente, a liña a proxectos escénicos de compañías de recente fundación ten como beneficiarias a Stracciatella Teatro para a obra O refuxio. Unha comedia sobre o triste que é todo; Sonsoles Cordón e a compañía Olivas Negras para O rapto de Befana; Rafael Rey Domech da compañía Moving Compass para Papi Facebook. A era do like; Greta Marí para The Great Greta: Iván Davila da compañía Negro López para o proxecto Backstage; Antela Cid, de Compañía Humana, para Ifixenia na porta do súper e Carmen García Facorro, de Amorodio Teatro, para La Madre.

Comentarios