27 cineastas mostran a súa obra esta fin de semana no V Chanfaina Lab

Volta a criación alternativa ao festival que ten lugar en San Sadurniño. Évos o máis salientábel dunha finde que se completa con estoutras ofertas:

foto
photo_camera Fotograma da curta 'Pegadas', de Gabriel Tizón, exhibida na IV edición do Chanfaina

O Festival de Música e Baile Tradicional

Carballo

Praza do Concello

Sexta feira

22.00

Péchase a programación do Verán Cultural cun festival que reúne no escenario algunhas das agrupacións folclóricas con máis historia do municipio.

 

II Extruga Street

Verín

Skatepark

Sexta feira e sábado

Este festival de skate inclúe actividades como concertos, exhibicións, obradoiros, feira, exposicións e proxeccións audiovisuais para todos os públicos.

 

IV Festival Intercéltico O Son do Pazo

Mos

Pazo de Mos

Sexta feira e sábado

O Pazo de Mos acolle os días 31 de agosto e 1 de setembro o IV Festival Intercéltico O Son do Pazo. Na sexa feira contarán coas actuacións de Airiños do Castelo, Leilía e H2 Folk. Xa o sábado subirán ao escenario Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, Backwest Irlanda e Andoa e a Banda de Gaitas Airiños do Castelo.

 

Encontro de cineastas V Chanfaina Lab

San Sadurniño

Casa da Cultura

Toda a fin de semana

Desde as 10.00h

O Chanfaina Lab, referente da creación alternativa na Galiza, volve con 27 cineastas que durante a fin de semana do 1 e o 2 de setembro se ocuparán de reflectir a zona de San Sadurniño. Ademais, tamén contarán con coloquios e obradoiros relacionados co proceso de produción e realización cinematográfica en distintos soportes.

 

Meninas de Canido

Ferrol

Barrio de Canido

Toda a fin de semana

Unha edición especial das Meninas de Canido para festexar o seu décimo aniversario, nunha programación que reúne pintura, fotografía mais música.

 

Roteiros Literarios

Vilagarcía de Arousa

Sábado

De 11.30 a 13.00

Un percorrido con Marcos Calveiro por Vilagarcía de Arousa, a través da obra O xardineiro dos ingleses. É preciso inscrición previa en [email protected].

 

 

 

Comentarios