O 25 aniversario do bravú concluirá en Compostela

Rastreros e Banda Xangai pecharán a celebración do cuarto de século do bravú en Compostela, na sala Malatesta, 18 de xaneiro.
Bravú
photo_camera Bravú

Rastreros e Banda Xangai porán o ramo na celebración do 25 aniversario do Bravú. Será o sábado 18 de xaneiro na sala Malatesta de Compostela, onde tamén se proxectará o documental de Anna Díz 20 Anos de Bravío.

As entradas xa están á venda, despois do éxito de afluencia que se agarda para o concerto dos Diplomáticos de Monte Alto que terá lugar este sábado na Mardi Gras da Coruña, para o que os billetes están esgotados.

Comentarios