Do 24 ao 26 de outubro

200 pezas de “frikismo cinematográfico” en Vigo

É difícil definir a idea de “frikismo cinemotográfico” coa que se presenta o Galician Freaky Film Festival. A propia organización inténtao cunha enumeración de xéneros: fantasía, ciencia ficción, terror, gore e serie B. Douscentos filmes encherán o programa da terceira edición do encontro en Vigo, do 24 ao 26 de outubro.
detalle cartaz freaky film 2019
photo_camera Detalle do cartaz do Galician Freaky Film Festival que será en Vigo entre o 24 e o 26 de outubro. Imaxe: cedida.

GFFF_2018_cartel“O noso gran obxectivo é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor na Galiza grazas á Xeración Xabarín que bailaba as cancións das bandas bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía os filmes do Vengador Tóxico no videoclube”, explican os promotores deste “festival gamberro que honra o frikismo cinematográfico”.

As 200 pezas son récord de participación do Galician Freaky. E chegaron de Chile, Ucrania, Estados Unidos, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil. “Non só é un gran número de filmes, senón a maioría deles recentes”: un 30% son de 2019 e un 20, de 2018.

O encontro terá como epicentro a viguesa Sala Videodrome, “sede e centro de operacións”. “Pretendemos amosar o lado máis rebelde, desacomplexado e divertido da novena arte”, esténdese a organización -Reencanto Producións-, “e celebralo con tres días de festa con vampiros, robots, lobishomes, extraterrestres, todo tipo de bechos extravagantes e, por suposto, dinosetos”.

A terceira edición do Galician Freaky Film Festival será ademais unha homenaxe a unha das obras máis importante da ciencia ficción e o terror da historia do cinema, Alien, o oitavo pasaxeiro, do cineasta Ridley Scott, que fai 40 anos da súa estrea.

Nota: cartaz de Galician Freaky Film Festival 2019.

Comentarios