Os 10 filmes que non deberías perder en Cineuropa

Pedímoslle ao noso crítico de cinema, Andrés Castro, que nos fixese unha listaxe dos 10 filmes imprescindibles neste Cineuropa. Velaquí os están!

frankenstein
photo_camera Frankenstein 04165

FRANKENSTEIN-04155

Imprescindíbel documental de Aitor Rei sobre o que non queren contar do fatídico accidente do Alvia-04155.  Docs-Cineuropa. Única proxección o 18 de novembro no Teatro Principal.

O FILLO DE SAUL (SON OF SAUL)

Gran Premio do Xurado en Cannes e unha das firmes candidatas para facerse co Óscar a Mellor Película Estranxeira. Sección Oficial. 9, 10 e 12 de novembro no Teatro Principal. 

MACBETH

Marion Cotillard e Michael Fassbender nunha luxosa e violenta adaptación da obra de William Shakespeare. Sección Oficial. 13 de novembro no Salón Teatro / 14 e 16 de novembro no Teatro Principal. 

LAGOSTA (THE LOBSTER)

Filme grego con reparto internacional que narra un futuro distópico no que ninguén pode quedar sen parella. Premio do Xurado en Cannes. Sección Oficial. 14, 16 e 17 de novembro no Teatro Principal.

AS MIL E UMA NOITES

Tríptico de Miguel Gomes que adapta a Portugal as historias de Sherezade baixo os títulos: “O inquieto”, “O desolado” e “O encantado”. Sección Oficial. Poderanse ver conxuntamente o 14 de novembro no Salón Teatro.

LA LOI DU MARCHÉ

Necesario filme sobre o mercado laboral no que Vincent Lindon acadou o Premio a Mellor Actor no pasado Festival de Cannes. Sección Oficial. 16 de novembro no Teatro Principal / 19 e 20 de novembro no Salón Teatro.

O CARTEIRO DAS NOITES BRANCAS

A Rusia profunda baixo a mirada de Andrei Konchalovsky (León de Prata en Venecia). Sección Oficial. 19 e 21 de novembro no Salón Teatro.

O NENO E A BESTA (THE BOY AND THE BEAST)

Anime xaponés do mestre Mamoru Hosoda. Fantastique Compostela. 27 de novembro no Salón Teatro / 28 e 29 de novembro no Teatro Principal.

COCHE POLICIAL (COP CAR)

Kevin Bacon en plan policía psicópata. Quen dixo que no Cineuropa Compostela non había momentos para desconectar e botar unhas risas? Panorama Internacional. 11 e 12 de novembro no Salón Teatro / 13 de novembro no Teatro Principal.

CUB

E tamén hai lugar para rarezas como este 'slasher' belga avalado co Premio ao Mellor Director (Jonas Govaerts) no Festival de Sitges. Fantastique Compostela. 23 e 27 de novembro no Teatro Principal.
 

Podes consultar toda a programación de Cineuropa aquí.

Comentarios