Lector@s dun magazine internacional elixen Matalobos mellor serie, por riba de Anatomía de Grey ou Friends

Até os mesmos responsábeis de Vanity Fair no Estado español ficaron abraiados polos resultados da súa enquisa a lector@s sobre cal era a súa serie favorita: Gañou Matalobos, por riba de producións míticas como Friends, Anatomía de Grey ou Big Band. Foi, aliás, a única serie feita no Estado español que se situou entre as 10 primeiras
Matalobos

Nen a propia revista Vanity Fair o esperaba, certo. A edición española deste magazine organizou entre os e as súas lectoras unha enquisa para que elexisen a súa serie favorita. E os resultados da sondaxe, para alén de contundentes, foron sorprendentes. A produción galega Matalobos arrasou. E arrasou con diferenza. Foi a serie máis votada, por riba doutras moi coñecidas a nivel internacional. Aliás, foi a única serie feita no Estado español que se situou entre as 10 máis votadas polos e polas lectoras. 

Desde esta revista resúmese o acontecido sinalando que "o público galego mobilizouse e conqueríu que Matalobos, que en 2012 obtivo o premio á mellor ficción de televisión en Europa e que en xaneiro emitíu o seu derradeiro capítulo, obtivese os votos do 43% das persoas que participaron na enquisa".

De cada 10 votos, 4 para Matalobos

Matalobos atinxíu o 43% dos apoios dos e das que participaron nesta sondaxe, o que suón o voto de catro de cada dez. Unha porcentaxe abraiante pois esta consulta era a nivel de todo o Estado español. E Matalobos supera a xigantes da fición televisiva, series que atesouran Emmys e recoñecementos múltiples a nivel internacional. A clasificación foi a seguinte: 

1. Matalobos 43%

 2. Friends 22%

 3. Anatomía de Grey 22%

 4. The Big Bang Theory 15%

 5. Modern Family 13%

 6. Mulleres desesperadas 13%

 7. Sexo en Nueva York 13%

 8. Homeland 12%

 9. Como coñecín á vosa nai 10%

 10. Downton Abbey 9%

Comentarios