“O Audi da RAG é o mesmo que tumbou a Touriño. Habería que exhibilo na cidade da Cultura”

Nunha longa entrevista con Sermos Galiza, Manuel Rivas analiza o conflito vivido na Real Academia Galega que resultou na demisión de Ferrín e na elección de Alonso Montero como novo presidente.

Manuel Rivas [Imaxe: Óscar Paris]
photo_camera Manuel Rivas [Imaxe: Óscar Paris]

Nun contexto de agresión á cultura galega, a Academia representaba, con Ferrín, un espazo de resistencia”, afirma o autor de “As voces baixas”. Rivas é crítico co papel que certa imprensa xogou no desgaste da figura de Ferrín. “Falouse máis da Academia que da Deputación de Ourense ou da Xunta, cando alí non se cometeu ningunha ilegalidade”, di. O académico numerario da RAG avalía tamén a aposta de autores como Teresa Moure ou Vítor Vaqueiro no reintegracionismo.

A entrevista completa no número 46 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques e librarías do país. Mais tamén na nosa loxa

Comentarios