“O Apóstolo”, premio do público no Festival de Annecy

O público do festival de Cine de Annecy, formado só por profesionais do sector,  premiou o filme galego “O  Apóstolo' . O festival francés, de máis de cincuenta anos, está recoñecido como a cimeira do cine de animación do mundo.  

Apóstolo2
photo_camera Apóstolo2

O filme de Fernando Cortizo foi recoñecido polo xurado do público no Festival de Cine de Annecy, un dos máis prestixiosos encontros do cine de animación do mundo. O director do festival, Marcel Jean, entregoulle o premio ao director no acto que tivo lugar en “La Salle des Haras”. O público do festival está composto só por profesionais do sector, co cal o galardón ten especial relevancia no sector polo recoñecemento deste festival que ten xa máis de cincuenta anos. Nesta edición, 236 películas foron seleccionadas para a programación do festival das 2.500 recibidas. 


O premio súmase aos recoñecementos obtidos ata agora polo filme de animación, que recibiu seis premios Mestre Mateo, entre eles o de Mellor Película e foi nominada aos Goya. “O Apóstolo”, de Fernando Cortizo, conta coa interpretación de Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo, Isabel Blanco e Jose Manuel Olveira ‘Pico’. 

Comentarios