Manuel Olveira confírmase como director do Museo de León

O que fora director do Centro Galego de Arte Contemporánea é o nome escollido polo PP para pechar o grave conflito xurdido no MUSAC despois da dimisión en tres meses da súa directora, que acusou á consellería de control político sobre o centro. 

O Diario de León confirma que o galego Manuel Olveira é a persoa coa que o PP quere pechar a grave crise aberta no centro de arte de León despois da dimisión da súa directora Eva González só tres meses despois de que tomara posesión. Eva González contou co apoio de boa parte dos traballadores do centro e puxo e por vez primeira veu a súa traxectoria salferida pola polémica. 

Olveira admitiu ao xornal leonés que en poucos días ocupará o posto de director do MUSAC, un centro que foi de referencia nos seus inicios e que noso últimos tempos viviu un claro declive, entre outras cousas, polas razóns que agora denuncia Eva González na súa dimisión. 

Segundo as primeiras declaracións, Manuel Olveira sinala que el traballou para gobernos de todos os signos políticos e, de feito, foi nomeado para se poñer á fronte do CGAC pola Consellería xestionada polo BNG e, posteriormente, tivo a confianza do PSOE para xestionar o centro Ágora, labor que non chegou a desenvolver ao producirse o cambio no goberno municipal e chegar o PP ao goberno, o mesmo partido que agora confía nel para pechar a máis grave crise pola que atravesa o MUSAC desde a súa creación. 

Comentarios