"As Silenciadas" participa no Festival Humanity Explored

O documental As Silenciadas, de Pablo Ces, coa investigadora Aurora Marco como coguionista, participa no Festival Internacional de Cine Documental online Humanity Explores (Indica/USA/ Indonesia/ New Zealand). Compite en diversas categorías e pódese apoiar por internet tanto vendo o documental como votando.
Rodaxe de "AS Silenciadas"
photo_camera Rodaxe de "AS Silenciadas"

 As Silenciadas foi convidada a participar no Festival Internacional de cine Documental online Humanity Explored que está en marcha na rede con diversas categorías a concurso, entre elas, o documental máis visto e máis votado. Para participar na votación e apoiar o filme cómpre premer nesta ligazón http://www.cultureunplugged.com/documentary/watch-online/play/11292/As-Silenciadas.

Dirixido por Pablo Ces, o documental conta co guión de Aurora Marco e o propio Pablo Ces. Recupera a historia, a imaxe a a voz de mulleres ás que Aurora Marco se achegou para recoller tamén no libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega (Laiovento).

As silenciadas é un documental histórico que ten como protagonistas ás mulleres que estiveron na clandestinidade e participaron do movemento guerrilleiro. Sufriron represión en forma de morte, cárcere, tortura ou exilio e desenvolveron un labor fundamental na oposición ao franquismo. O documental recolle testemuños únicos das participantes na guerrilla e visita os espazos nos que se desenvolveu a súa resistencia.

Comentarios