‘L'eau Sacrée’ e 'Esquece Monelos' gañan a XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Máis de 40 filmes participaron nesta edición do MICE do Museo do Pobo Galego.

esquece-monelos-1
photo_camera Fotograma de 'Esquece Monelos', mellor filme galego neste MICE

Xurado e público estiveron de acordo en que a película ‘L'eau sacrée', do director belga  Olivier Jourdain foi a mellor nesta 12 edición da Mostra Intern. acional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. Levou ambos os dous premios con este filme sobre a sexualidade ruandesa.

O premio á Mellor Película Galega foi para "Esquece Monelos" de Ángeles Huerta. O filme da produtora de Compostela Danga Danga Audiovisuais, válese da desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre como se perde a memoria dos lugares e das súas xentes.

Do 29 de maio ao 3 de xuño puideron verse en Compostela filmes etnográficos de varios continentes, con cumprida presenza galega. Máis de 40 traballos participaron nesta edición. Entre os filmes a concurso estaban as longas galegas 'Esquece Monelos', de Ángeles Huerta; 'Entrar aos Vilares', de Cibrán Tenreiro; 'Adolescentes', de Ángel Santos; ou 'O Moredo, a resistencia do entroido ribeirao', de David Vázquez.

Comentarios