#sermos136: a 'lista vermella' do patrimonio galego

O patrimonio galego ten quen o defenda e falamos deles. Entrevistamos Coanhadeira e Úrsula Heinze, emocionámonos coa selección galega de fútbol gaélico e preparámonos para o 8M. Isto, e moito máis, neste número. Xa á venda na nosa loxa. 

unnamed

Un novo número do Sermos Galiza, o 136, saído do prelo. Como Tema da Semana, as e os valedores do patrimonio galego, colectivos e asociacións que se moven para defender un legado único. Un artigo do xornalista e experto en patrimonio, Manuel Gago, completa a dupla páxina.

O estancamento da economía galega, a gran aposta do alcalde da Coruña agarda no xulgado ou o conflito de Povisa teñen tamén o seu tratamento neste número do semanario.

En ‘A cataquese na escola’ falamos da publicación dos currículos de relixión en Primaria e Secundaria, que provocan rebumbio en amplos sectores políticos e educativos.

Pensamento

Xosé Estévez escribe na sección Pensamento sobre Fernando, ‘O Falsario’, rei do xadrez estratéxico. Co horizonte do 8M falamos do feminismos que sae á rúa para avanzar.

En ‘Galiza é Mundial (e gaélica)’ tratamos o fútbol gaélico, que fará que esta sexta feira Galiza xogue por primeira vez un Mundial como selección nacional oficial, en categoría feminina e masculina. Malia a falta de apoios, @s xogadores xa están en Abu Dabi, onde farán historia do deporte galego nunha modalidade que apenas hai cinco anos que chegou ao país e que ten agora difusión internacional. Entrevistamos Carlos Seco, introdutor en Galiza deste deporte: “No principio pareciamos uns 'frikis', cinco anos despois facemos historia”.

Da man do colectivo Xea, e na sección Viaxes na Miña Terra, percorremos tramos do Río Miño. De Santa Sabela a Ombreiro e volta.

“Este é o meu verdadeiro libro, Cando a escritora ingresa no sanatorio psi- son eu, o que digo e o que sinto”


Na sección Textos publicamos un avanzo ‘...e os domingos, un croissant’, a volta de Úrsula Heinze á literatura. o relato da vida no sanatorio psiquiátrico no que estivo internada. A autora toma notas do que acontece e fai crónica dun mundo descoñecido no que atopa historias con forza literaria. O libro sairá publicado neste mes de marzo na editorial Alvarellos.

E aínda máis: contámosche como foi o Festival da Candeloria e falamos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. E na contra-capa, entrevista Xerardo Quintela, acordeonista de Coanhadeira. “ "Os cartos de Enrique Iglesias deberían destinarse a bandas galegas".


 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios