#sermos126: en defensa da pesca galega

Culturgal, reforma laboral no Sergas, Alcoa e Megasa, entrevista aos gañadores de Carvalho Calero... Todo isto e moito máis neste novo número do semanario. Xa o podes adquirir na loxa.

capa

‘Defender a frota galega no ventre da Unión Europea´é o título do Tema da Semana. A 'delegación do xeito' que viaxou a Bruxelas para defender a pesca artesanal constatou tanto a deserción da Xunta das súas responsabilidades como o peso que teñen os intereses vinculados á pesca industrial. Un artigo de Ana Miranda completa e enriquece a información.

Entrevistamos a Julio Sacristán, alcalde de Culleredo e novo secretario xeral do PSdeG na Coruña: “Son dos que creo que temos que dar un xiro á esquerda”.

‘A reforma laboral chega ao Sergas’. O persoal do Servizo Galego de Saúde padece contratos por días e mesmo horas, mobilidade laboral e desemprego no que as organizacións sindicais denuncian como o “desmantelamento” do sanidade pública no noso país.

En ‘O río Tea, contaminación e desleixo institucional en Ponteareas’ falamos de que as augas que discorren por esta vila da comarca do Condado contan con até 7 puntos contaminantes en pouco máis dun quilómetro.

O secretario xeral da UPG, Néstor Rego, escrebe un artigo neste semanario co gallo do 50 aniversario da creación da UPG.

Ensino e electricidade

Neste #sermos126 tamén debullamos as eleccións no ensino non universitario, co rotundo triunfo da CIG, ou a situación grave nas que se atopan Megasa e Alcoa.

En Deportes falamos de tres ex xogadores do Choco e un do Barbadás que militan no Honka da Primeira División finesa.

#porminnonvaiquedar

A campaña #porminnonvaiquedar tivo un protagonismo especial no Culturgal, unha feira na que nos debruzamos con cariño neste semanario nunha ampla reportaxe sobre o “triunfo da cultura en man común”.

E en Viaxes na Miña Terra percorremos co Colectivo Xea o sobreiral máis importante de Galiza, nunha parte do curso do río Arnego nos concellos de A Golada, Lalín e Vila de Cruces.

Tamén entrevistamos os gañadores do premio Carvalho Calero, Cristina Pavón ( “a política lingüística da Xunta vai do desleixo á agresión”) e Isaac Lourido (“A miña é unha proposta historiográfica que cuestiona o modelo hexemónico”).

Na contra-capa conversamos con José Manuel Sande, programador do CGAI. “A estrutura do cinema galego é aínda moi dependente do español”.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios