martes 21.01.2020

#sermos123: Cando votar é o normal

Máis un número na rúa e quiosques: entrevistas a Ignacio Vilar e ‘Morris’ (A Esmorga), percorrido por novas editoriais, análise das consultas populares no mundo... e moito máis. Xa na nosa loxa.

 #sermos123: Cando votar é o normal

‘As consultas populares, unha rareza no Estado español’ é o título do Tema da Semana deste #sermos123. “A crise de representatividade abre o debate sobre a necesidade de introducir mudanzas no modelo de democracia actual cara á incorporación de mecanismos de participación e control cidadán”. Unha análise de X.A. Pérez Lema acompaña a reportaxe.

Entrevistamos a Xoán Bascuas, elixido secretario xeral de Compromiso por Galicia no I Congreso Nacional que estes días decorreu en Padrón. “"Lamento que sexamos os únicos que cremos no autogoberno". Partidario de aproveitar o autogoberno actual, "secuestrado polo PP", para camiñar cara á outro escenario para Galiza, recoñece que lle preocupa que o país fique á marxe dun proceso de reforma do Estado que ve máis que probábel.

A política galega, a seis meses das urnas’. A semana que entra situará a política galega a medio ano exacto das eleccións municipais, que resultarán decisivas ante a posibilidade de que marquen un novo ciclo no país e mesmo no Estado. Abordamos este asunto nunha dupla páxina asinada por Rodri Suárez.

O país das rías

Tamén falamos de como mariñeiros de vinte portos fan fronte común na defensa da baixura. Exixen medidas de defensa da pesca artesanal e alertan do desleixo das administracións galega e estatal para cunha frota que na Galiza é polo de emprego e sostenibilidade.

En ‘O país das rías na defensa de dous históricos estaleiros’. Veciñanza e colectivos de patrimonio marítimo pulan por salvar dúas carpintarías de ribeira en Moaña, ameazadas por un proxecto de paseo marítimo na Seara.

‘Anunciemos investimentos, practiquemos recortes’. O Sergas reduce as achegas á Asociación de Pais e Nais de [email protected] con Problemas Sicosociais de Ferrol e o Concello recúa no último momento trala presión popular.

Montes veciñais

Entrevistamos a Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común: "Se a veciñanza non se implica, o monte comunal non ten futuro".

WiFi de balde: onde está o negocio? O escándalo de Gowex abre o debate sobre a forma en que empresas de servizos obteñen beneficios coa explotación das redes sen fíos.

Río Ouro

De Viaxes na Miña Terra percorremosdo Cantábrico ao Xistral, seguindo o río Ouro. Antía Otero e Dores Tembrás, dúas escritoras que levan xa anos cunha intensa actividade no mundo da literatura, xúntanse para crear Apiario, unha iniciativa que conxuga unha área de formación e outra editorial e que leva as súas marcas, a das abellas que se xuntan para facer comunidade.

A Esmorga

Entrevistamos a Ignacio Vilar e Antonio Durán ‘Morris’, director e actor de A Esmorga. O día 21 de novembro A Esmorga chega a todas as salas cinematográficas do país. De que se enchan dependerá o futuro desta produción que ten moitas razóns para ocupar un espazo de privilexio na historia do cine galego. O director, Ignacio Vilar e un dos seus protagonistas, o actor Antonio Durán, Morris, achégannos á película e a súa intensa promoción.

E na contra entrevistamos o director do proxecto Galaico, Martín Fernández: “Murguía e o celtismo foron desprestixiados, pero tiñan razón”.

comentarios