#sermos107: a estrea do Caderno de Agosto

Percorremos os conflitos laborais que hai agora no país, analizamos como se privatiza un servizo público (rexistro civil) e entrevistamos o escritor Antón Dobao. Aliás, apresentamos o novo suplemento, o Caderno de Agosto. Xa o podes adquirir na nosa loxa.

Capa_SG107

O semanario Sermos Galiza chega ao número 107. Facemos un percorrido por algúns dos conflitos laborais abertos (Citroën, Urbaser, Atento..) para falar da realidade dos e das traballadoras na defensa dos seus dereitos. Tamén nos detemos en analizar como un servizo público (rexistro civís) se privatiza para facer del un negocio. Ou das mentiras e enganos que se agochan tras as balanzas fiscais presentadas polo Ministerio de Hacienda.

Na semana en imaxes centrámonos no Día da Patria Galega e na sección de Tecnoloxía falamos de que vai supoñer que a partir de 2015 sexa obrigatoria a conectividade móbil en todos os carros.

O dominio .gal e a maior trama de facturas falsas de Galiza (que sae á luz pola crise inmobiliaria) tamén teñen sitio neste nº107.

Antón Dobao e un relato inédito

Entrevistamos o escritor Antón Dobao e publicamos un relato do seu libro inédito ‘As ilusións estrañas’. E falamos con Celso Dourado sobre arte e A Mariña, e abordamos con Alfonso Díaz, patrón da traiñeira de Cabo de Cruz, a situación do remo galego e deste clube do Barbanza que está a ser un referente en Galiza. Entrevistamos a Mario Outeiro, responsábel de Normalización da Deputación de Lugo, que nos fala do galego e as políticas institucionais. 

Ivan McKee, presidente de ‘Bussines for Scotland’, fálanos nunha entrevista da potencialidade da independencia para favorecer as pequenas e medianas empresas e manter un modelo de benestar sometido a costantes recurtes desde Londres polo goberno conservador.

Debate de medios de tres nacións

Neste número recollemos as reflexións deitadas por Iñaki Soto (Gara), Guillem Ramos-Salvat (Nació Digital) e Xosé Mexuto (Sermos Galiza) na palestra organizada polo Festigal baixo o título ‘Medios propios, país propio’.

E en Viaxes na Miña Terra imos até Corrubedo e a súa contorna na boca da Ría de Arousa. 

Caderno de Agosto

E este número 107 é no que estreamos un novo suplemento. Caderno de Agosto. Toma unhas merecidas ferias o noso caderno de análise, AFONDO, e substitúeo este cartafol de 8 páxinas que coordena Rodri Suárez e que, entre outros contidos, trae textos de Xabier P. DoCampo (un relato inédito), Xurxo Souto e Isabel Risco.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios