#Sermos105: Angrois, un ano de impunidade e un Día da Patria pola Soberanía

Entrevistamos o escritor Fernández Paz e a Fayez Badawi (da FPLP palestina), damos as chaves desta Día da Patria e analizamos a traxedia de Angrois no primeiro aniversario. Xa á venda na nosa loxa.

Capa_SG105

Un ano despois do sinistro de Angrois o Estado mantén a súa estratexia de non asumir responsabilidades na maior traxedia da Galiza contemporánea. Un comportamento denunciado polas vítimas. Este é un dos temas deste Sermos Galiza nº105. Tamén abordamos o Día da Patria, cita que este 2015 quer ser unha “demostración de forza soberanista”. Falamos das diferentes propostas e mobilizacións que o 25 de Xullo decorrerán no país. E tamén falamos do Festigal, con novidades e propostas de todo tipo e para todas as idades.

Nunha reportaxe achegámonos a galeg@s de acollida, persoas non nadas no país e que están fascinadas polo noso idioma e cultura, botando abaixo o mito da imposición. Entrevistamos a Begoña Díez, poeta nada en Valladolid e que publica en galego.

Porto Cabral, de Vigo a A Coruña

A promotora de Porto Cabral presiona en Vigo e apunta á Coruña. O fondo de investimento británico mostra o seu interese por Marineda City, mentres o seu macroproxecto comercial en Vigo agarda os trámites de expropiación do concello ante a oposición da veciñanza.

Nas páxinas de traballo analizamos o Plan de Garantía Xuvenil aprobado polo Goberno español, que subvencionará o empresariado con 1.800€ por realizar contratos de aprendizaxe ou prácticas de seis meses. Os datos dos e das mozas inscritos no Plan serán cedidos ás ETTs.

E coa chegada do bo tempo, tamén a tecnoloxía se adapta o verán.Algunhas aplicacións permítennos desfrutar ao máximo da nosa época de descanso, descubrindo novos lugares ou aforrando cartos.

Dereito á resistencia

Fayez Badawi, representante da Fronte Popular de Liberación de Palestina (FPLP) denuncia a “práctica de eliminación total do pobo palestino” que leva a cabo Israel. Defende o dereito á resistencia e insiste na alertantiva da FPLP: “ Constituír en toda a Palestina histórica un único estado laico e democrático para que poidan vivir concidadáns en paz”.

“Pretendemos volver situar o Club de Remo Ribadeo no mapa competitivo estatal e mundial”, asegura David Rivas Peña, presidente da renovada directiva dunha entidade que naceu hai trinta anos, pero levaba unha década sen actividade.

Con Viaxes na Miña Terra percorremos a ruta arqueolóxica de Amoedo. E na Fundación Manuel María vivimos o Convivio da Cultura Galega.

Con Agustín Fernández Paz falamos da vida e dfa literatura. “Calquera vida pode ser materia para unha novela apaixonante”. Tamén entrevistamos a Xoán Quintáns, do Festival Revenidas. “Os que veñen ás Revenidas, repiten, esa é a nosa mellor garantía”.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios