"Sermos ten que ter habilidade para contentar unha capa máis ampla da poboación"

Ángel García é alcalde de Oleiros. Leitor habitual do Sermos Galiza, di gostar do deseño e dos contidos, se ben "ás veces", afirma, discrepa dalgúns. Defensor da lingua galega, anima ao medio de comunicación a traballar para "contentar unha capa máis ampla da poboación". 

gelo
photo_camera [Imaxe: Concello de Oleiros]

O alcalde de Oleiros declárase "de esquerdas", mais "non nacionalista". Leitor habitual do Sermos Galiza, valora o medio de comunicación cando este se acha ás portas dou seu segundo aniversario. A priori di, "tal e como está gústame". 

A piques de cumprirmos dous anos, como valora o proxecto?

O medio tal e como está gústame. Como está deseñado e elaborado... Aínda que ás veces discrepe dalgunha cousa...

Somos o único semanario en lingua galega, como ve a realidade da lingua na imprensa deste país?

Coido que Sermos sexa en lingua gelga é un acerto. No Concello de Oleiros así o facemos todo. Neste senso, embora haber unha política nefasta para a lingua en Galiza, deseñada polo PP de Madrid, semella non ser tal o atentado como demostra a existencia da vosa cabeceira. Por esta razón o Concello colabora, porque defendemos a nosa lingua. Iso si, ás veces falta algunha habilidade para contentar unha capa máis ampla da poboación que se ben apoia a lingua di que 've sectarismo'. Eu non, mais hai quen mo di. Hai un traballo importante por facer nese eido, para chegar a máis xente. 

Neste último ano en Sermos gañaron presenza os concellos froito de insubmisións ás políticas de Madrid, entre elas a reforma local. Mais tamén pola corrupción.

Esa lei [a da reforma das bases de réxime local] é unha lei desgraciada. Só variou para peor. A respeito da corrupción, neste país [reférese ao Estado español] hai un problema moi grande, o dos EREs [en Andalucía], o caso Bárcenas, o roubo de millóns de euros... Están a despistar á xente. Hai, houbo e haberá ladróns, mais é unha táctica de alguén que, da man dunha xustiza desprestixiada, queren facerse salvadores da patria. Mais cumpre lembrar que hai moita xente honorábel e o que queren é enmerdar a todos. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios