domingo 24/10/21

Sermos rexistou un total de 485.733 páxinas vistas no último mes

O último mes de Sermos Galiza, os 30 días posteriores ao 24M, deitaron dados que mostran a progresión deste dixital. En usuarias/os únicas/os -60.492, segundo dados de Analytics- o incremento a respeito do mesmo período de 2014 foi do 17,8%.


O período que está comprendido entre o día 26 de maio e o 25 de xuño deste ano foi moi positivo en termos de audiencia para Sermos Galiza.

Destarte, o web atinxiu un total de 60.492 usuarias/os únicas/os, 9.166 máis do que no mesmo período de 2014, un 17,8% de incremento.

En páxinas vistas, Sermos Galiza foise até as 485.733.

O tempo medio de permanencia na páxina está nos 11 minutos 9 segundos e o 29,41% das visitas alcanzadas eran de persoas que nunca viran o web.

Lideranza nas redes

Aliás, Sermos Galiza consolida a súa lideranza nas redes sociais dentro dos dixitais galegos que non son a réplica web de xornais diarios impresos.

Así, e no cómputo global de Facebook e Twitter, Sermos está xa a piques de alcanzar o número de 30.000 aderentes, con 16.449 en Facebook e 13.408 en Twitter.

Sermos rexistou un total de 485.733 páxinas vistas no último mes
comentarios