Sermos Galiza supera en febreiro o seu récord de usuari@s únic@s, cun total de 75.664

Continúa a medrar a Comunidade Sermos. Febreiro foi o mellor mes da historia en número de visitas para Sermos Galiza: un total de 176.503

pantalhazo_capa

A apenas dous meses de cumprir dous anos, Sermos Galiza superou en Febreiro o seu récord de usuari@s únic@s, ao totalizar 75.664. A anterior marca databa de Maio de 2013: 72.862.
 
Durante os 28 días de Febreiro, @s usuari@s únic@s de Sermos Galiza viron un total de 531.089 páxinas, o que representa un substancial incremento a respeito de Xaneiro, mes en que as visualizacións alcanzaron as 423.959 páxinas.

Do total das visitas rexistadas en Sermos Galiza, un 33,05% son de nov@s usuari@s do web. A duración da visita promedio en Sermos Galiza é de 10,59 minutos.

O artigo máis visto foi a entrevista a Serafín Rodríguez, o traballador condenado a prisión pola súa participación nun piquete: 18.369 visitas

Neste período, a peza informativa con máis visitas foi a entrevista a Serafín Rodríguez, o traballador vigués que ten sido condenado a prisión pola súa participación nun piquete informativo durante unha folga en Vigo en 2008.

Esta noticia, asinada por Olalla Rodil, alcanzou un total de 18.369 visitas e foi partillada por 3.336 persoas nas redes sociais (3.200 en Facebook e 136 en Twitter).

Todos estes dados están tirados de google analytics.

Case 19 mil aderentes nas redes

O aumento nas redes sociais continúa a bon ritmo. Neste momento, Sermos Galiza ten 18.850 aderentes entre Facebook e Twitter (9.346 e 9.504, respectivamente). En Facebook, Sermos Galiza é o líder absoluto entre os dixitais galegos.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios