Sermos Galiza é o primeiro dixital galego que supera @s 20.000 seguidor@s nas redes sociais

Após cumprir 2 anos na rede, o diario dixital Sermos Galiza ten 10.048 amigos na súa páxina Facebook e 10.200 seguidor@s en Twitter. Total: 20.248.

Facebook Sermos Galiza

A Comunidade Sermos vai a máis e, de facto, neste momento Sermos Galiza é o único meio dixital galego alternativo -isto é, non dependente dun xornal impreso diario- que supera os 20.000 seguidor@s nas redes sociais.

O incremento de Sermos Galiza nas redes foi verdadeiramente espectacular no último ano, máis que duplicando a súa audiencia quer na páxina Facebook quer no twitter.

No Facebook, Sermos Galiza é líder absoluto ao ser o único meio dixital que ten atinxido a fronteira dos 10.000 gústames.

Este bon momento do Sermos Galiza nas redes é paralelo aos esforzos editoriais que estamos a realizar para consolidar o semanario impreso, infelizmente o único en galego neste momento nos quiosques após o desaparecimento sucesivo doutras cabeceiras.

Subscrición por apenas 12 euros ao mes

Así, e para tornar máis económico o acceso ao noso semanario, desde o pasado 15 de maio, é posíbel suscribirse ao Sermos Galiza por apenas 12 euros ao mes.

No Facebook, Sermos Galiza é líder absoluto ao ser o único meio dixital que ten atinxido a fronteira dos 10.000 gústames

Sermos Galiza vocacionalmente é un proxecto que pertence a súa comunidade de suscritor@s, leitore@s e accionistas, un colectivo humano moi amplo e plural. Depende de todas e de todos anós alargar a Comunidade Sermos e, destarte, fortalecer o espazo de comunicación galego e en galego, sen o cal sería virtualmente imposíbel irmos a un futuro mellor e máis libre como sociedade galega.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios