Sermos Galiza presenta os seus cadernos AFondo

O xornal enceta unha vaga de presentacións do suplemento monográfico que acompaña semanalmente o papel. 

a fondo capa

As primeiras presentacións serán en Silleda e Ourense. O obxectivo da rolda de actos é dar a coñecer máis devagar o caderno monográfico que acompaña o semanario en papel e coñecido como A Fondo. 

Comezará este sábado (15 de novembro) cun coloquio sobre a figura de Ramón de Valenzuela e que contará coa presenza das persoas que coordenaron o caderno arredor do escritor exiliado. Valenzuela foi pioneiro na literatura da memoria histórica e loitou contra o fascismo na Guerra Civil e Mundial, padecendo a persecución franquista e da Gestapo. 

Xoán Carlos Garrido, Matías R. Datorre, Manuel Igrexas, Cristina Collazo, Alexandre Breijo e Anabel Gulías farán parte da mesa que se debruzará sobre os contidos do A Fondo mais tamén sobre o proxecto xornalístico que representa Sermos Galiza. 

Será o 15 de novembro ás 20 horas na Biblioteca da Casa de Cultura de Silleda

A seguir, a terza feira (18 de novembro), Sermos presentará un dos cadernos máis queridos e valorados: A sexualidade feminina alén tabús. Da man da súa coordenadora, María Lameiras, profesora titular de psicoloxía clínica na Universidade de Vigo e da xornalista, Olalla Rodil, achegarannos unha outra visión da sexualidade con perspectiva de xénero e o papel dos medios de comunicación á hora de pór riba da mesa temas e debates por moito tempo ocultos. 

Será no Liceo de Ourense ás 20. horas

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios