Sermos Galiza estrea 'Mesa e Mantel', a nova sección de cociña do semanario

Nas páxinas de Cultura estreamos un novo espazo dedicado á cociña. Receitas con produtos do país que recomendamos maridadas con algunha das millentas variedades de viño producidas en Galiza e cunha proposta musical. Anímaste a coñecela?

Sermos Galiza presenta a súa nova sección. Após ampliarmos a paxinación do noso semanario, que como cada quinta feira atoparás nos quiosques do país e tamén na nosa loxa, estreamos un novo espazo dedicado á cociña. 

Na estrea da sección, vamos da man do restaurante Abastos 2.0 (Compostela) para proporvos a primeira receita da serie: un sargo nú. Abrimos así un espazo que dará acubillo --e boa conta-- da creatividade culinaria galega. 

Sargo Nú é a proposta que nos achegan desde o restaurante Abastos 2.0 esta semana

Con produtos do país no cerne de cada prato daremos a coñecer á nosa comunidade leitora receitas rápidas, doadas e moi saborosas. Mais non só. 'Mesa e Mantel' complétase con dúas propostas de maridaxe que casan á perfección con cada prato: un viño e unha achega musical con que acompañarmos a degustación. 

Para @s namorad@s da cociña e @s seareir@s do bon comer, Sermos Galiza convídavos a botarlle o dente a esta nova sección. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios