O terceiro aniversario de Sermos Galiza como proxecto comunicativo ten dúas datas riscadas en vermello no calendario. A primeira é este domingo 26 de abril, o día en que o web SermosGaliza.gal cumprirá tres anos. A segunda é a segunda feira 8 de xuño, día en que se comemorará o terceiro cumpreanos do semanario Sermos Galiza, o único en galego nos quiosques do país.
Desde o seu nacimento, este proxecto comunicativo tivo a vocación de contribuír para o alargamento do espazo de comunicación galego e en galego, coa pretensión de dar voz a todos aqueles sectores sociais da nosa nación que tan frecuentemente son silenciados, vetados ou censurados nos meios de comunicación sistémicos.
Sermos Galiza publicará neste dixital unha sección conmemorativa -3 anos de Sermos Galiza- que dará acubillo a algúns dos textos máis significativos e lidos durante estes tres anos
Co motivo deste terceiro aniversario, Sermos Galiza publicará neste dixital unha sección conmemorativa -3 anos de Sermos Galiza- que dará acubillo a algúns dos textos máis significativos e lidos durante estes tres anos, quer no papel quer no dixital.
Peticións, demandas, suxestións
Estamos, por suposto, abertos ás vosas peticións e demandas, pois vós, as leitoras e os leitores de Sermos, a Comunidade Sermos, sodes a razón de existir deste meio.
Calquera crítica -positiva ou negativa- do que levamos feitos e calquera suxestión que teñades para mellorar o noso traballo en dirixírnolas através do noso correo electrónico, [email protected]