xoves 21/10/21
8F/POLAS FILLAS DOS NOSOS FILLOS

Sermos Galiza edita un número especial con motivo da manifestación en favor da lingua

Podes facerte con el simplesmente rexistrándote na nosa loxa.

capa_especial_lingua

[email protected] co presente e o futuro da lingua. Así reza o lema que aparece no cabezallo do número especial que edita Sermos Galiza con motivo da mobilización convocada por Queremos Galego este domingo 8 de febreiro.

Sermos Galiza tira do prelo este 8 de febreiro un número especial de 8 páxinas que se distribuirá debalde nas rúas de Compostela durante a manifestación en favor da lingua galega.

O número tamén estará disponíbel, xa á tardiña, na nosa loxa. Poderás acceder a el simplesmente rexistrándote na nosa tenda virtual.

Co título na capa de Futuro para o galego, futuro para o país, este Sermos Galiza especial expresa a convicción que temos como meio de que sen lingua galega non é nen sequer concebíbel un espazo de comunicación galego e en galego. Como afirmamos na capa do número 132 de Sermos Galiza, tamén disponíbel na nosa loxa, A Lingua é o Que Somos.

Nesta entrega especial, ten un protagonismo indiscutíbel a Comunidade Sermos, a comunidade social que dá respaldo e razón de ser a Sermos Galiza como proxecto, un coro de voces e de testemuños que expresan con convicción e entusiasmo por que é preciso un meio de comunicación galego e en galego.

comentarios