A FONDO, DESEÑO, VIAXES NA MIÑA TERRA E ROSALÍA

Sermos Galiza edita catro coleccionábeis

Inclúen contidos editados nestes dous anos de proxecto como as seccións de Deseño e Viaxes na Miña Terra. Xa á venda na nosa loxa

Sermos Galiza

O xornal compila en catro tomos algúns dos contidos máis valorados dos seus dous primeiros anos de vida. A modo de coleccionábeis, estes produtos editaranse só en versión dixital e poderán mercarse através da loxa virtual. 

Nun primeiro tomo, Sermos Galiza compila os cadernos monográficos editados como A Fondo durante o ano 2013. A realidade dos montes en man común, do sector pesqueiro galego, o dereito ao aborto ou un especial sobre a LOMCE son algúns dos contidos que atoparás neste coleccionábel por 9,99 euros. 

Mais, Sermos achega tamén algunhas das seccións do semanario máis coñecidas como os artigos asinados por Lola Dopico cada semana arredor de proxectos de moda e deseño que están a agromar en Galiza. 

Xunto ás achegas de Lola Dopico tamén se editan nunha única publicación as páxinas do xornal que cada semana nos animan a percorrer o país e nos levan da man a coñecer algúns dos recunchos máis fermosos da Galiza. Todas as informacións de Viaxes na miña terra xa poden adquirirse nunha edición única e a un prezo de 4,99 euros. 

Finalmente, Sermos Galiza disponibiliza un coleccionábel sobre Rosalía de Castro na que se inclúen todas as informacións, reportaxes, entrevistas e novas arredor da vida e obra da autora publicadas en Sermos Galiza durante o ano do cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios