Sermos Galiza celebra o Día Internacional do Libro pondo a metade de prezo os seus epubs

Sermos Galiza está de aniversario, cumpre 2 anos este 26 de Abril, e precisamente nesta mesma semana unínomos tamén á celebración do Día Internacional do Libro, através da nosa loxa.

Espallar as letras galegas, socializar a nosa literatura, é o leit motiv que levou no seu día a Sermos Galiza a abrir unha liña editorial através da súa loxa, coa venda a prezos moi populares de obras inéditas de autores galegos, en formato epub.

Agora, e para celebrar o Día Internacional do Libro, Sermos Galiza dobra a súa aposta e pon en venda os 4 epubs que leva editados a metade do seu prezo, unha oferta que vigorará até a próxima quinta feita, 24 de Abril.

As obras son Mundo Maquinábel, de Tati Mancebo; Animalario Estrafalario, de Rafa Vilar; Sobol, de Carlos Arias; e A baba, a incontinencia e o can de Paulov, de Alberte Momán.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios