Sermos Galiza bate o seu récord histórico de visitas ao totalizar nos últimos 30 días 181.421

Os últimos 30 días foron os mellores en canto a número de visitas na historia de Sermos Galiza. O web recibiu un total de 181.421. 

Captura

Nos últimos 30 días, o diario dixital Sermos Galiza recebeu a visita de 82.764 usuarios únicos, récord absoluto dun meio que leva na rede desde abril de 2012. O total de visitas foi de 181.421 e o de páxinas vistas, 567.303.

Neste mes, Sermos Galiza recebeu visitas dun total de 91 países. Fóra do Estado español, o Reino Unido, con 2.022 visitas, e Portugal, con 1.162, son os países que máis frecuentan este web, que tamén rexistou 890 leituras desde Estados Unidos e 730 desde Brasil.

O mellor mes até agora de Sermos Galiza fora maio de 2014. Daquela o web alcanzara 72.862 usuarios únicos e rexistara 174.851 visitas. En páxinas vistas, porén, maio de 2013 continúa a ser o mellor da historia para este meio, ao totalizarse 571.755. Cumpre ter en conta que foi un mes eleitoral -realizáronse comicios ao Parlamento europeu- e esa circunstancia sempre resulta nun maior tráfego de visitas na rede.

As distintas pezas informativas elaboradas por Sermos Galiza sobre a morte do seareiro deportivista Jimmy a mans de ultras atléticos atinxiron perto das 90.000 leituras

Neste último mes, o foco principal de atención das usuarias e usuarios únicos de Sermos Galiza foron os incidentes do pasado domingo á beira do rio Manzanares, en Madrid, os que resultaron na morte do seareiro coruñés Jimmy, a mans de ultras atléticos.

As distintas pezas informativas elaboradas pola redacción de Sermos Galiza sobre o asunto atinxiron perto das 90.000 leituras.

A máis seguida foi o artigo de Rodri Suárez Chámase asasinato, que totalizou até agora 57.339 leituras, co que se converte na peza máis lida na historia de Sermos Galiza. O artigo foi un verdadeiro fenómeno nas redes sociais, na Galiza e no Estado, até o ponto de alcanzar as 7.200 partillas en Facebook e ter sido chiado un total de 403 veces en twitter.

Á marxe do crime de Madrid, as pezas máis lidas en Sermos Galiza neste mes foron:

-Entrevista á voceira de AMI Charo Lopes, sobre a disolución da organización xuvenil, con 5.669 leituras.

-A Comunidade de Montes Veciñas sairán á rúa ante o roubo legal que prepara a Xunta, 3.799.

-Carlos Morais demite como secretario xeral de Primeira Liña, 3.437.

-A ONU concédelle a Pontevedra o premio Hábitat da ONU, 3.081.

-Entrevista a Karra Elejalde, actor de A Esmorga, 2.898.

-Morre Francisco Carballo, 2.419.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios