Esta quinta feira, o Sermos Galiza chega aos quiosques e á loxa con máis páxinas, máis contidos, máis análise

Esta noite, xa na loxa, e mañá nos quiosques, o Sermos Galiza alarga a súa paxinación -de 32 a 40- na procura de aprofundar na información e na análise desde unha perspectiva desacomplexadamente galega.

Sermos Galiza, 58


Sermos Galiza fai un esforzo editorial en tempos de recortes e amplía a paxinación, de 32 a 40, polo mesmo prezo, coa intención de reforzar o espazo de comunicación galego.

A piques de cumprir 2 anos nos quiosques, o único semanario en galego reforza seccións como Traballo -que pasa a ter 2 páxinas-, introduce contidos comarcais, estabiliza a información deportivia e abre novos espazos, como a sección Textos.

Para inaugurar a sección Textos, Sermos Galiza publica en exclusiva un avanzo da nova novela de Teresa Moure

Textos oferecerá novidades literarias, sen se limitar á ficción, senón tamén con vocación de mergullarse en todos os ámbitos da criazón, tamén a científica.

Para inaugurarmos esta sección, Sermos Galiza publicará, en exclusiva, un avanzo da nova novela de Teresa Moure, Uma mãe tão punk, que a escritora de Monforte vai publicar nunha editora lisboeta, Chiado.

No Sermos Galiza a 40 páxinas, haberá tamén marxe para a análise demorada, coa sección Pensamento, e asemade para coñecer aínda mellor o país, da man de Viaxes na Miña Terra.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios