Nos últimos 7 días, 46.330 persoas viron as entradas da páxina de Sermos en Facebook

O post coa galería de imaxes da manifestación de Queremos Galego decorrida este domingo foi visto por 18.176 persoas.

post
photo_camera Post máis visto na última semana

Continúa o crecimento da audiencia da páxina de Sermos Galiza en Facebook. Nos últimos 7 días, as entradas, os post, de Sermos nesta rede social foron vistos por un total de 46.330 persoas.

A entrada con maior audiencia foi a que remitía para a galería de imaxes da manifestación de Queremos Galego. Atinxiu un total de 18.176 persoas. Este post tivo 797 gústames e foi partillado por 104 persoas.

O segundo post, no ránking destes últimos 7 días, foi o da entrevista ao guionista Carlos Ares, titulada cunha afirmación que remitía con enorme crueza ao cerne do conflito lingüístico na Galiza: "Teño unha filla de 8 anos e no colexio ensínanlle galego practicamente como unha lingua estranxeira". Esta entrada atinxiu 12.556 persoas.

Sermos Galiza é, entre os diarios dixitais galegos [aqueles que non son réplicas on line de xornais editados en papel], o líder en audiencia en Facebook, con 11.851 persoas aderentes.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios