Xa está aquí o número 100 de Sermos Galiza, mais unha aposta no xornalismo galego e libre

O semanario Sermos Galiza chega esta semana ao seu número cen e traspasa esta barreira coa vontade de reforzar e alargar o espazo galego de comunicación, sen o cal a nosa nación non ten futuro digno posíbel. Xa está disponíbel aquí, na nosa loxa.

unnamed

Cen números xa en papel nun contexto desfavorábel que se revisan no noso suplemento A Fondo, un monográfico que conmemora o número redondo e afortala a vocación de avanzar e ampliar cada día máis a Comunidade Sermos. 

A intensa actualidade política ten un espazo de relevo neste número de Sermos que recolle unha ampla entrevista do director do medio, Xosé Mexuto, ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, na que destaca a necesidade da organización nacionalista de moverse e tender novas pontes de diálogo coa sociedade. As eleccións europeas e os retos de cara ao futuro foron tamén abordados na conversa. Na semana na que as Cortes debatían a lei de abdicación, a entrevista xirou tamén sobre a crise do réxime, tema tamén recollido no semanario na axenda de actividades desenvolvidas contra a "operación Felipe", en especial, as imaxes dun Parlamento rodeado na defensa dunha República Galega. Estivemos tamén na cadea humana de Euskal Herría polo dereito a decidir. 

Na sección de Cultura, ofrecemos un avanzo editorial da novela da escritora María Reimóndez, gañadora do Xerais

Para que vale un cárcere abandonado? A Plataforma cidadá creada na Coruña arredor da prisión da Torre traballa por crear un espazo de uso social, cultural e de memoria histórica auto-xestionado e a esta iniciativa nos achegamos na nosa sección de comarcas que afonda na nova taxa polo saneamento da ría que impón o Concello e Ferrol a Narón. 

40 votos contra 31.000 sinaturas

Corenta votos tombaron no Parlamento galego a vontade de máis de 31.000 persoas que apoiaron a ILP polo emprego que a CIG levou esta semana ao Parlamento na que se contemplaban cen medidas para a recuperación de postos de traballo e o crecemento económico. Non puido ser e os votos do PP impediron que o texto do sindicato nacionalista se convertese en propostas de actuación.  

"A xustiza está incumprindo as leis de uso do galego", di o profesor e avogado Eduardo Álvarez na nosa sección de normalización lingüística. 

Na sección de Cultura, ofrecemos un adianto editorial da novela da escritora María Reimóndez, Dende o conflito, coa que se fixo co novo Premio Xerais. Entrevistamos á autora, que se achegou na súa nova novela a unha xornalista de guerra natural de Vilalba. Ledicia Costas e Eduardo Santiago, fixéronse cos Merlín e Jules Verne de literatura infantil e xuvenil. 

Ademais, as nosas seccións habituais, críticas, deseño, viaxes, axenda, mesa e mantel, pasatempos... na que participan unha morea de colaboradores e colaboradoras grazas ás que chegamos ao noso número 100.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios