No nº101: Galiza, en emerxencia social

Fronte aos fastos da coroación borbónica, neste novo número do semanario falamos das carencias e necesidades que atinxen cada vez máis xente no noso país. Xa á venda na nosa loxa. 

unnamed

Os dados deitados por organismos oficiais sitúan no 20% a taxa de poboación que en Galiza se sitúa no limiar da pobreza. Malia isto, os gobernos español e galego focan a súa atención --e queren que a nosa-- na cerimonia de coroación do novo Borbón. Felipe VI converterase --por consangueneidade-- no xefe do estado español. 

Da man de Fernando Souto, presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, repasamos a súa figura e o proceso de sucesión artellado desde Madrid por PP e PSOE. De antemán, advirte, "o sucesor do franquismo é El-Rei". 

Aliás, Eva Lema --correspondente en Madrid-- achéganos de primeira man a crónica dunha abdicación cociñada que obrigou a Juan Carlos I a abandonar o trono. 

Nas páxinas interiores tamén afondamos na Marca España, a mesma que nega unha compensación económica ás vítimas do amianto para quen o Partido Popular rexeitou un fondo de compensación específico. 

En Deportes achegámonos até o Brasil para falarmos da outra cara do Mundial de fútbol. A guerra aberta polo pobo contra a FIFA e o goberno 

En Traballo botamos a ollada á 'toiotalización' das relacións laborais. Seguindo o modelo aplicado pola empresa automobilística xaponesa non son poucas as compañías que procuran através das subcontratas, fragmentar a clase traballadora e dificultar a súa sindicación. Aliás, contámosche a historia de Pablo Sánchez, un traballador doente dunha intoxicación de mercurio ao que a Seguridade Social obriga a traballar embora declaralo incapaz crónico hai 4 anos. 

En Deportes achegámonos até o Brasil para falarmos da outra cara do Mundial de fútbol. A guerra aberta entre o pobo contra a FIFA e o goberno deixa meses de mobilizacións e folgas que ensuxan a festa futbolística. 

Na sección de Cultura conversamos con Carlos Arias, autor de Sobol, un dos títulos editados por Sermos Galiza en epub. Mais tamén falamos de arte urbana e graffitti da man de Amábel González, investigadora e comisaria independente. 

Todos estes contidos e moitos máis no número 101 do Sermos Galiza, á venda xa na nosa loxa e desde a quinta feira nos quiosques e librarías do país. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios