Bota a andar o concurso "Sermos no obxectivo"

O Sermos en papel fai os 100 números e quere celebralo cun concurso fotográfico a través do Facebook. Dúas condicións: ser seguidor/a da páxina de Sermos e que nas fotos apareza o semanario. 

Para participar no concurso e tamén para votar, é preciso facerse seguidor ou seguidora da nosa páxina en facebook: https://www.facebook.com/sermosGz. As fotos han ser enviadas por mensaxe privada a esta páxina. Serán subidas a un álbum no facebook, onde permanecerán ao longo dunha semana. Gañarán as tres persoas que consigan máis "gústame".

Calendario

As fotos han de ser enviadas entre o 12 de xuño e o 25 de xuño ás 12 da noite. Do 26 de xuño ao 3 de xullo, serán subidas ao álbum que levará por título: "Sermos no obxectivo" e alí poderán ser votadas. Os resultados coñeceranse o 15 de xullo.

Para votar, será preciso facerse seguidor ou seguidora da páxina de facebook de Sermos  (https://www.facebook.com/sermosGz ) e logo darlle ao "gústame" naquelas fotos que máis gusten. As fotos poderanse etiquetar e compartir pero só contarán os "gústame" rexistrados na páxina de facebook de Sermos Galiza.

Premios

O primeiro premio será unha subscrición de balde durante un ano. O segundo, unha subscrición de balde durante un semestre. O terceiro, unha subscrición gratuíta un trimestre.

Se non consegues premios mais de boa gana te subscribirías. Aproveitando que se fixeron dous anos do nacemento de Sermos Galiza  e estamos a piques de chegar ao número 100 do semanariio,  podes subscribirte por 12 euros ao mes e, se tes menos de 30 anos, por 10.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios