A revolución alén da Europa a Fondo

A revolución foi o tema xeral da Semana Galega de Filosofía que, organizada pola Aula Castelao de Filosofía en Pontevedra entre o 21 e o 25 de abril, afondou na cuestión desde distintos ámbitos e con destacadas voces de todo o mundo. Disponíbel nos quiosques ou na nosa loxa por 0,50 €. 

AFONDO
photo_camera AFONDO

O A Fondo desta semana achégase á “Revolución alén da Europa” da man da defensa teórica e práctica da concepción que, desde a periferia , se ten a respecto da revolución. Coordinada polos membros da Aula Castelao de Filosofía, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Montserrat Fernández Arén, recolle aportacións como a do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín que se achega ao “galego na revolución bolivariana”, Farruco Sesto. Da man de Garrido Couceiro, coñeceremos a construción do “homem novo” liberado da colonización e a explotación de clase na África despois da independencia que levou a Pontevedra Aurélio Fabiao Ginja. 

“Revolución, humanismo e filosofía intercultural”, é o título da intervención do filósofo Raúl Fornet-Betancourt que agora publica Sermos Galiza. “Asocio os conceptos de revolución e humanismo coa memoria histórica da liberación da humanidade”, dixo Fornet para quen a “universalidade humana é unha tarefa lenta de mutua aprendizaxe entre as diferenzas e rexións que dan rostro ao humano”. 

“No camiño cara a unha sociedade sen clases, sen explotacións, onde os individuos e os pobos se poidan desenvolver libremente precédennos moitos homes e mulleres, que nos deixaron o seu legado de pensamento, traballo e loita”, defende Montserrat Fernández Arén nas conclusións a cinco días de intensos debates e intervencións. “Non podemos permitirnos caer no desánimo nin na desesperanza. Acompáñanos a memoria, mais danos azos tamén o presente, as revolucións que hoxe están en curso e as que agardamos están por vir”, conclúen.

O A Fondo está á venda nos quiosques xunto co número 67 do semanario Sermos Galiza e está tamén disponíbel na nosa loxa por 0,50 €. Trátase da segunda ocasión na que o caderno de análise do SG afonda no tema da revolución xa que nun número anterior, trtou o punto de vista achegado desde diferentes tradicións de pensamento europeo. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios