COORDÉNAO MARÍA REIMÓNDEZ

Un A Fondo sobre o antes e o despois do tsunami

Neste decembro fanse os dez anos do tsunami máis destrutor da historia. Recollemos neste A Fondo o antes e o despois dende Karaikal, na costa india.

a fondo 2

 

Pasado o impacto da catástrofe, as persoas afectadas deixaron de ser noticia, coa consecuente repercusión na merma das axudas e do traballo de cooperación. Unha década despois, a lembranza da catástrofe en Occidente mírase no espello de “Lo imposíbel”, que reduce a ollada ao trauma vivenciado por unha familia de turistas. Neste A Fondo recóllese o antes e o despois do tsunami en Karaikal, zona na que “Implicadas no desenvolvemento” estivo traballando nun proxecto de cooperación dende 2004 até 2011, xunto coa ong People´s Development Iniatives (PDI).

 

Escriben para este A Fondo, ademais da súa coordendora, María Reimóndez, o fundador e director de PDI, Ilakkuvanar Ambalavanan; o coordenador do programa de Emerxencia e Rehabilitación en Karaikal, Sahyaraj, e a escritora tamil Kutty Revathi. Recóllense as voces de mulleres que sobreviviron ao tsunami, que volveron a reconstruír as súas vidas e as transformaron tomando parte do proxecto promovido por Implicadas e PDI, cruzado pola loita contra as desigualdades de xénero.

"Recóllense as voces de mulleres que sobreviviron ao tsunami, que volveron a reconstruír as súas vidas e as transformaron tomando parte do proxecto promovido por Implicadas e PDI"

 

As voces das mulleres do Sur

 

“Á hora de recibir axuda do goberno eran os homes, en particular os da comunidade de pescadores, quen elaboraban as listas para distribuír a axuda. Dende o principio se negaron a incluír ás persoas alits (intocables). Fun falar co persoal de PDI e mediaron ata solucionar o problema”, afirma Malathy, unha das mulleres cuxa voz se recolle neste caderniño.

 

“O risco de desafiuzar as persoas no momento en que máis precisan a súa autonomía, de tratalas como obxectos de caridade, de ignorar as condicións de vida previas, de invisibilizar as mullereres e esquecer as estruturas de poder do xénero poden supoñer unha catástrofe de igual magnitude ca a onda", explica María Reimóndez, quen incide na aposta por unha cooperación que vaia alén dos momentos de emerxencia. “A maioría das organizacións marcharon tralos primeiros momentos, mais no noso caso non era abondo volver á situación anterior á tsunami”, destaca o fundador de PDI.

“A maioría das organizacións marcharon tralos primeiros momentos, mais no noso caso non era abondo volver á situación anterior á tsunami”, destaca Ilakkuvanar Ambalavanan

 

O A Fondo desta semana destaca o enfoque humano, que repara nas emocións, no modo en que se viviu e se superou o tsunami, mais sen caer no sensacionalismo. “Tiñan medo de que en calquera momento viñese outro tsunami e o levase todo”, explica Sahyaraj, o coordenador do Programa de Emerxencia e Rehabilitación en Karaikal. Alén o experiencial, a análise alén as desigualdades de partida e o modo de abordalas deita preguntas de fondo. Entre ellas, unha interrogante que se fan as propias mulleres do Sur coas que IND traballa, e que recolle María Reimóndez: “Por que as organizacións que traballan dende a caridade teñen tantos apios e as que traballan como Implicadas, malia a forza do que consegue, tan poucos?”.

 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios