Comezan as votacións do concurso "Sermos no Obxectivo"

A elección da foto gañadora está nas túas mans. Entra na páxina de facebook de Sermos Galiza, faite seguidora ou seguidor se non o es xa e, até o 3 de xullo, dálle ao "gústame" naquela fotos que queiras votar.

Comeza a semana de votacións do concurso "Sermos no obxectivo". Hoxe publicamos as fotos participantes neste álbum na páxina de facebook de Sermos Galiza. Até o 3 xullo poderán ser votadas, premendo no "Gosto" baixo a imaxe, coa condición de que a persoa que emita o seu voto sexa, ou se faga antes, seguidor ou seguidora da páxina. 

As fotos poderanse etiquetar e compartir pero só contarán os "Gosto" rexistrados na páxina de facebook de Sermos GalizaOs resultados daranse a coñecer o día 15 de xullo.

Os premios son os que seguen: subscrición dun ano de balde para quen obteña máis "gústame"; subscrición de balde todo un semestre para a que quede en segundo lugar, e subcripción gratuíta durante tres meses para o autor ou autora da terceira imaxe con máis "gústame".

Con esta iniciativa, Sermos Galiza quere festexar o número 100 do seu semanario, que chegou aos quiosques no mesmo día que o concurso foi convocado, o 12 de xuño. Foron, en total, 27 as fotos que se presentaron, de estilos e en contextos diversos mais todas co elemento común requerido, o noso semanario, que podemos ver xunto á torre Eiffel, no estudo dun pintor, xunto ás cacharelas na noite de San Xoán, acompañando ao café, intentando ser lido por un gatiño ou unha cadeliña, ou cumprindo coas máis diversas e sorprendentes funcións. Todas elas amosan o que quizais sexa un dos máis importantes papeis de Sermos: o que desempeña no noso día a día.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios