O Caderno de Agosto aborda o auxe sendeirista en Galiza

Despedimos por este ano o Caderno de Agosto e facémolo cunha reportaxe sobre un deporte en auxe nos últimos que supón tamén alento para o rural abandonado, o sendeirismo. Ademais, entrevistamos a Rebeca Baceiredo e chegamos ao desenlace do relato inédito de Xabier P. Docampo.

caderno de agosto capa

Despedimos o Caderno de Agosto coa mirada posta no outono. E é que, non porque o verán remate, terminan as posibilidades de saír e gozar da natureza. Inicia a tempada sendeirista, actividade en auxe nos últimos tempos, sobre todo por ser un deporte de baixo custe tanto no económico como na esixencia física. Galiza ofrece numerosas posibilidades para o sendeirismo. Tamén, o sendeirismo para o país, tanto que lle dá nova vida ao rural abandonado. Porén, están a ser aproveitadas? Damos resposta a esta interrogante na reportaxe de apertura do suplemento e facemos repaso, ademais, dalgunha das máis atractivas ofertas sendeiristas de Galiza.

Xabier P. Docampo desvela o desenlace de "Operación Monte de Lixo", coa vinganza como trasfondo. 

A entrevista deste último número do Caderno de Agosto está protagonizada pola escritora Rebeca Baceiredo, que vén de publicar E meterei a miña Lei no seu peito (Estaleiro). Baceiredo, de traxectoria ensaística destacada, racha tópicos e amosa que as reflexións de gran calado e o traballo filosófico non son incompatíbeis con verbenas e romarías. "Os tópico poden confundir -afirma- Son unha moza moi alegre, como dixo Marilyn. E feliz, penso ás veces que cada vez máis, tendo cada vez menos. Cousas do traballo interior".

Un pobo de artistas con acordeóns

Xurxo Souto dedica a súa sección "Somos un pobo de artistas!" ao acordeón, instrumento protagónico nas orquestras de antano, que caeu en desgraza coa chegada dos teclados eléctricos até que, en Galiza, a revolución do bravú o volveu recuperar.

Chegamos neste último número do Caderno de Agosto ás entregas finais do relato inédito de suspense de Xabier P. Docampo e das entregas eróticas de Pepe de Pura, na súa sección "Carne crúa". Docampo desvela o desenlace de "Operación Monte de Lixo", coa vinganza como trasfondo. Pepe de Pura decántase nesta ocasión por un encontro erótico con tinguiduras románticas e de certo hedonismo espiritual, mais sen perder a intensidade carnal.

Pepe de Pura decántase nesta ocasión por un encontro erótico con tinguiduras románticas e de certo hedonismo espiritual, mais sen perder a intensidade carnal.

Descubrimos, na contracapa, o recuncho especial de Teresa Moure, O Courel, onde se localiza unha das súas obras, A intervención, que será traducida ao castelán, pola propia autora e en setembro, na editorial asturiana Hoja de Lata. "Comezo a pensar que escribindo facemos arqueoloxía, que hai que entrar en fase de performance radical, politizar os espazos, axitalos, temos que actuar coa ente e coas vidas, non só con quen le", explica para Sermos Galiza.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios