A aldea como identidade e futuro, na nova entrega do Caderno de Agosto

Coñecidas creadoras e creadores galegos -Mercedes Peón, Uxía, Fede Pérez, Rubén Riós e Olga Novo- fálannos da súa aldea, e dos valores, ideais, modo de vida e inspiración que nela atoparon.

caderno de agosto 4 capa 370

"A aldea é o futuro", afirma Mercedes Peón na reportaxe que abre o caderno de verán esta semana. "Galiza é unha aldea grande. Cando nos demos conta diso e non o rexeitemos, poderemos dar moito máis de nós mesmos", conclúe o actor, director e produtor Rubén Riós, que colocou a súa aldea no seu nome artístico. Ao igual que o black power reivindicou o poder afroamericano nos Estados Unidos dos anos 60, estes cinco nomes da cultura galega reivindican para Sermos o poder aldeán.

O polifacético Xurxo Souto escribe sobre o pasado máis glorioso e cosmopolita d@s nos@s músicos, desvelándonos unha historia aínda en boa parte por contar: o éxodo de artistas provocado nos anos 50 do século pasado cando o rigorosidade nacional católica prohibiu os bailes dende a Pascua até a Coresma. As nosas orquestras chegaron mesmo até Escandinavia e Xapón.

Na nova entrega do serial inédito de Xabier P. Docampo, unha vinganza estase a tecer, e as consecuencias prometen ser mortais

Filla de músico de orquestra é Lydia Botana, Bolboreta, a quen entrevistou o coordinador deste suplemento, Rodri Suárez. O seu lanzamento discográfico, xa case a punto, promete ser todo un estoupido.

Rodri Suárez fala tamén con Mónica de Nut, trala polémica expulsión dun pub de Sanxenxo en plena actuación por non ser do gusto do dono. Descóbrenos cales son os seus recunchos preferidos e presta especial atención a un, a Serra do Galiñeiro.

O relato  homoerótico de Pepe de Pura ten como acción e escenario unha orxía no monte. E, na nova entrega do serial inédito de Xabier P. Docampo, unha vinganza estase a tecer, e as consecuencias prometen ser mortais.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios