DIARIO DIXITAL LíDER EN FACEBOOK, CON 11.129 "GúSTAMES"

Un total de 22.735 persoas acompañan Sermos Galiza nas redes sociais

A Comunidade Sermos continúa a medrar nas redes sociais. Sermos Galiza lidera a clasificación de diarios dixitais galegos "puros", con 22.735 aderentes.

Facebook Sermos Galiza
photo_camera Facebook Sermos Galiza

As redes sociais son neste momento unha ferramenta básica para os meios dixitais inter-axiren coas súa audiencias. Dan conta, portanto, da vitalidade dos meios e da maior ou menor influencia das súas comunidades de leitoras e leitores.

Os números son abondo elocuentes. En Facebook, a rede mundial líder, a lideranza de Sermos Galiza entre os meios dixitais galegos que non son a réplica dun xornal diario é incontestábel. A páxina de Sermos ten neste momento 11.129 gústames, en tanto que Galicia Confidencial ten 8.594 e Praza, 8.454.

En Facebook, Sermos Galiza é o dixital galego non réplica dun xornal diario con maior número de aderentes

En Twitter, lidera o ranking Praza, con 13.628 followers, acompañado por Galicia Confidencial e Sermos Galiza, con 11.965 e 11.606 seguidoras, respectivamente.

No cómputo global, Sermos Galiza totalizaría 22.735 aderentes, en tanto que Praza se colocaría con 22.082 e Galicia Confidencial se iría até os 20.559.

En Facebook, alén da páxina oficial, Sermos Galiza tamén dispón dun perfil, con 4.907 amigxs.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios