As 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de xaneiro

Eis a seguir os 10 textos máis lidos no primeiro mes deste 2015, 31 días en que a nosa audiencia viu un total de 391.806 páxinas, segundo Google Analytics.

Facebook Sermos Galiza
photo_camera Imaxe do FB de Sermos

1.-E se eu vos digo que o galego é a lingua do amor?, artigo de Alexander Schmuck.

A noticia do falecimento deste profesor alemán de Xeografía e Bioloxía tan comprometido coa Galiza provocou consternación e dor na Comunidade Sermos, como revela o feito de este artigo, que voltou a ver a luz a xeito de homenaxe ao seu autor, ter sido a peza máis vista do mes, cun total de 6.719 visitas.

2.-Morre Alexander Schmuck, galego por elección e por amor

Colaborador de Sermos Galiza e compañeiro da poeta Marga do Val, Alexander Schmuck era unha persoa moi querida no noso país, de quen adoptou a súa lingua

3.-A banda Nao devólvelle a carta de parabéns polo Premio da Música ao Conselleiro de Cultura.

Un xesto para patentizar a crítica a unha Consellaría que, din, fai unha xestión contraria a unha "cultura libre, liberadora e popular".

4.-O Goberno español pediulle colaboración a Gloria Lago para rebater a defensa do galego perante a ONU.

Gloria Lago é a correspondente do Estado español na Galiza en materia de política lingüística. Madrid nen sequera chama á Xunta da Galiza para recabar información: prefire relacionarse cos sectores máis duros do proxecto de imposición do español na Galiza.

5. -Vai collendo forma a “Revolta cívica por Galicia” que impulsa Anxo Quintana.

O ex portavoz nacional do BNG e ex vicepresidente da Xunta impulsa unha plataforma cívica para galeguizar a atmosfera política do país e para a Galiza não ficar relegada no debate territorial en curso no Estado.

6.-A policía describe un militante do BNG como "varón español de acento gallego"

En plena ofensiva contra as liberdades públicas, a policía española presenta denuncias contra militantes nacionalistas por teren participado nos protestos contra a presenza de Angela Merkel en Compostela.

7.-Urraca, emperatriz de toda a Galiza

Xoán Costa, desde o seu blogue, mergúllase aquí nun episodio infelizmente abondo descoñecido da nosa historia, nun tempo de esplendor nacional.

8.-O derradeiro ano da política galega, un artigo de Antón Losada.

O analista político e profesor da USC debrúzase sobre o estado da política galega perante un curso apaixonante, o de 2015, marcado por dúas convocatorias eleitorais, as municipais e as xerais.

9.-"Cando espertou, o conflito lingüístico inda estaba alí", un artigo de Xabier Pérez Igrexas.

Xabier Pérez Igrexas estabelece un diálogo co artigo de Rodri Suárez Bícame, son galego, publicado a finais de 2014.

10.-Apelidarse Galiza, apelidarse España

Hai persoas que se apelidan Galiza? Hai persoas que se apelidan España? Xoán Costa pescudou o asunto e deitou neste texto as súas conclusións.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios