RéCORD DE USUARI@S úNIC@S NA HISTORIA DO WEB

As 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de marzo

Marzo foi un moi bon mes para Sermos Galiza. O web atinxiu o seu máximo histórico en utilizadoras/es únicas/os, ao alcanzar os 88.516. A nosa audiencia viu un total de 455.578 páxinas. Relacionamos a seguir as 10 pezas máis vistas do mes.

Os dados de Google Analytics poñen de manifesto que Sermos Galiza mantén a súa liña ascendente e que a Comunidade Sermos se alarga por momentos. No mes de marzo, Sermos bateu o seu récord histórico de usuarias/os únicas/os ao totalizar 88.516. A anterior marca, 75.435, correspondía ao mes de decembro de 2014.

Nos 31 días de marzo a audiencia do Sermos dixital viu un total de 455.578 páxinas. O tempo promedio de permanencia no noso web por parte das persoas que o visitan é de 9 minutos 28 segundos.

Esta é a relación das 10 noticias con máis visitas no mes de marzo.

1.-A “paletilla”, a parodia “galega” ao vídeo de Enrique Iglesias xa rula pola rede

Esta información noticiaba un auténtico fenómeno viral na rede galega, un vídeo que parodia o subsidiado clip do fillo de Julio Iglesias (este tamén subsidiado no seu día pola Xunta da Galiza).

A noticia alcanzou as 36.764 visitas e foi partillada por 6.600 persoas en Facebook.

2.-“A Enrique Iglesias déronlle 302.000 euros e nós gastamos 150 en facer a parodia en galego”

A entrevista de Carme Vidal con Daniel Moreira, autor de "Pale Tilla", o vídeo de Páramo Pictures, foise ás 22.803 visitas e tamén rexistou un forte impacto nas redes, con 4.200 partilladas en Facebook.

3.-O vídeo de Enrique Iglesias xa se difunde nas redes sen os planos das cidades galegas.

Causou indignación social a noticia de que o vídeo subsidiado pola Xunta da Galiza (con máis de 300 mil euros) se estivese a difundir sen os planos das cidades galegas, filmados sen acompañamento musical, o que en calquera montaxe posterior (ou redución para a súa adaptación ás canles televisivas de vídeos) os fai doadamente prescindíbeis.

Esta noticia rexistou 9.158 visitas e alcanzou os 1.800 gústames em Facebook.

4.-Sés: “Precisamos unha revolución cultural para volver a ser pobo”

O aparecimento do terceiro CD de Sés, Tronzar os Valos, ten sido unha das noticias de maior destaque da cultura galega nas últimas semanas. A autora de Tempestades de Sal non deixa de medrar. Esta entrevista atinxiu 4.654 visitas e foi partillada en 1.300 muros do Facebook.

5.-“Nuestra Sra de la Barca”, un ataque en pedra ao galego

Ataque ao patrimonio e á nosa lingua, todo nunha única operación. Esta noticia foi vista por 4.457 persoas e atinxiu 1.700 partilladas en Facebook.

6.-Detido no aeroporto de Sá Carneiro un condenado por pertenza a Resistencia Galega

A información deuna a RTP portuguesa e Sermos foi o primeiro meio galego en a noticiar. 3.410 visitas e 293 partilladas nas redes (243 en Facebook e 50 en Twitter).

7.-O Supremo admite que o uso do galego non é "igual ou equivalente" ao do castelán

A sentenza do Tribunal Supremo contraria ao recurso de casación interposto no seu día pola Real Academia Galega en relación ao chamado decreto do plurilingüismo voltou a pór de manifesto a indefensión en que se acha a nosa lingua.

Esta noticia alcanzou as 2.951 visualizacións e foi partillada por 938 persoas (878 en Facebook e 70 en Twitter).

8.-O Concello de Compostela multa concertos en locais nocturnos, mesmo os da rede da Xunta

A cultura galega ten problemas até nos propios locais da Xunta da Galiza, froito dunha dificilmente comprensíbel campaña do concello de Santiago contra a música ao vivo. 2.826 visitas para esta noticia, partillada por 685 persoas nas redes.

9.-Memoria do aceite

Xoán Costa resgata do esquecimento a historia, secular, do cultivo das oliveiras no noso país, do que hai constancia documental xa desde finais da Idade Media.

Esta peza foi vista por 2.806 persoas e partillada por 613 (561 en Facebook e 52 en Twitter).

10.-Galiza, subcampioa mundial na súa estrea no campionato do mundo masculino de fútebol gaélico.

O mundial de fútebol gaélico foi histórico para Galiza por dous motivos: porque nel se produciu o debut da nosa selección nacional nunha competición internacional oficial e porque quer as seleccións masculina (subcampioa) quer a feminina (caeu só en semifinais) completaron un magnífico torneo.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios