ELECCIóNS MUNICIPAIS 2015

Xulio Ferreiro será o candidato de Marea Atlántica nas municipais

Foi o único candidato para encabezar a listaxe que agora se elixirá por votación.

Xulio Ferreiro
photo_camera Xulio Ferreiro

O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, será o candidato da Marea Atlántico ás eleccións municipais de maio. Á espera de ser refrendado polas persoas que integran o movemento político coruñés, Ferreiro foi o único nome que saíu da xuntanza decorrida esta terza feira (28 de febreiro) ao non se presentaren máis propostas no prazo estabelecido. Neste senso, o xurista foi presentado como un candidato de "consenso". 

Após o acordo alcanzado na persoa que se candidatará á Alcaldía de María Pita, a Marea Atlántica enceta un proceso de votación para elixir as persoas que integrarán os restantes postos da candidatura e que terá lugar os días 7 e 8 de marzo. Até o de agora déronse a coñecer só os nomes de tres das persoas que se candidatan, Alberto Lema (Anova), Silvia Cameán (Esquerda Unida) e Sonia Sainz (Compromiso), embora escollérense 12. Esta tarde a Marea fará públicos os nomes das restantes persoas. 

A candidatura completa será presentada o 12 de marzo. Un mes despois darán a coñecer o programa electoral que continúan a elaborar. 

Comentarios