Sanidade leva máis de un ano sen cubrir a baixa dunha pediatra en Carballo

Unha pediatra leva máis de un ano de baixa no Centro de Saúde de Carballo sen que a Consellaría de Sanidade cubra a praza cunha substitución. As crianzas do seu cupo son atendidas cada vez por unha persoa diferente. 

A Consellaría de Sanidadade leva máis de un ano sen cubrir a baixa dunha pediatra de Carballo o que supón que as crianzas que atendían teñen que ser distribuídas por diversos profesionais, sendo atendidas cada vez por un diferente. 

Malia o compromiso que o Xerente da Área Sanitaria da Coruña lle trasladou ao alcalde de Carballo hai xa semanas, a administración continúa sen enviar ningunha persoa para substituír á pediatra de baixa

“A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”, denuncian desde CIG-Saúde, dunha situación que cualifican de “absoluta vergoña”.  Advirten tamén de que, con toda posibilidade, nas vindeiras datas do nadal repetirase a situación que se produciu nas feiras do verán “con axendas bloqueadas, distribución de pacientes entre os distintos profesionais, varios días de espera para acudir ao médico de cabeceira…”. 

Comentarios