venres 17.01.2020
POLA PROXIMIDADE ÁS VIVENDAS, QUE FORON DESPEXADAS

O lume obriga a activar a situación de emerxencia dúas en Teo e Tomiño

Se ás 15h eran 100 as hectáreas de monte queimadas polos incendios na fin de semana, na tarde de hoxe a cifra aumenta a un número aínda por determinar, pois hai lumes activos en Teo, Lousame, Toques, Tomiño e A Guarda. O de Teo e o de Tomiño, próximo ás vivendas, obrigaron a decretar a situación de alerta dúas e a despexar os predios próximos. O lume queimou en Toques 160 hectáreas en zona da Rede Natura.

[Imaxe: @zapi] O lume achégase ás vivendas en Cacheiras
[Imaxe: @zapi] O lume achégase ás vivendas en Cacheiras

Cinco incendios forestais permanecen arestora activos en Teo, Lousame, Toques Tomiño, segundo informa a Consellaría do Medio Rural. O de Teo e o de Tomiño obrigaron a decretar a situación de emerxencia dous pola proximidade ás casas. O primeiro deles comezou ás 17.44h na parroquia de Cacheiras, onde traballan arestora medios aéreos e terrestres. As lapas obrigaron a desaloxar vivendas situadas á altura do número 17 da Travesía de Cacheiras e descoñécese arestora a superficie calcinada. A autovía tamén está afectada polo lume que se orixinou na parroquia de Teo. No caso de Tomiño, Medio Rural non achegou máis datos.

A Xunta tamén informa do incendio que permanece activo na parroquia de Vilamor do Concello de Toques e, segundo as estimacións, afectaría unas 160 hectáreas. Ademais, en Lousame rexistrouse o lume a parroquia de Tállara ás 15.15h e segundo Medio Rural a superficie afectada superaría as 20 hectáreas.

comentarios