As protestas contra o barco na rotonda de Coia chegan hoxe ao pleno de Vigo

A veciñanza está convocada para asistir ao pleno do Concello de Vigo para impedir a colocación do barco na rotonda de Coia. O pleno comeza ás 9 da mañá. 

Belén de Coia
photo_camera Belén de Coia

Ás 9 da mañá comeza o pleno no que se tratará as obras para a instalar o barco na rotonda de Coia á que se opón a veciñanza. Ata o momento a forte oposición veciñal impediu que as obras se desenvolveran e chegara ao fin o plan do alcalde Abel Caballero cun orzamento de 300.000 euros. 

A veciñanza está chamada a asistir ao pleno para mostrar o rexeitamento popular á intención do goberno de instalar o barco Bernardo Alfageme na rotonda. A previsión é que o alcalde materialice o seu obxectivo nos vindeiros días mais, malia iso, segundo sinala o xornal Vigodixital, o convenio provincial para o sector da construción sinala como días festivos desde este 22 de decembro até fin de ano polo que, como mínimo, as obras na rotonda terán que se paralizar até 2015 a non ser que o alcalde saltase o acordo de calendario laboral. 

Comentarios