Povisa anuncia que retira o ERE

Anuncia que a súa renuncia ao despedimento de 56 traballador@s anunciado a comezos de ano.

Povisa

Através dun comunicado a empresa que xestiona o hospital vigués, Povisa, anunciou e comunicou ao comité de empresa a súa decisión de retirar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado e co que a dirección do centro hospitalario prevía destruír 56 postos de traballo. 

Neste senso, Povisa propuxera o despedimento de 56 persoas. Trinta e catro por razóns económicas que abranguían 14 persoas do servizo de limpeza do hospital, 5 telefonistas e 6 traballador@s do control de visitas. Estes servizos desaparecerían co despedimento da totalidade de operari@s que actualmente posúen. Aliás, Povisa visa despedir 10 fisioterapeutas, 12 celador@s, 3 persoas da administración de arquivo e 7 de recepción, entre as que se atopan as 4 persoas que compoñen a secretaría clínica, que tamén desaparecería. 

O comité de empresa rexeitara o ERE após denunciar que a empresa obtivo 11 millóns de beneficios no exercicio anterior e ter asinado un convenio co Sergar polo que se lle concedían 75 millóns de euros ao ano durante unha década. 

Comentarios