Pontevedra explica o seu modelo de cidade en Barcelona

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, participan no ciclo 'Boas prácticas' organizado pola Federación Iberoamericana de Urbanistas.

Pontevedra

O premiado modelo de cidade de Pontevedra será exposto esta cuarta feira (11 de febreiro) en Barcelona no marco do ciclo de charlas organizado pola Federación Iberoamericana de Urbanistas. 

Baixo o epígrafe 'Pontevedra, unha cidade modelo' o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, explicarán o modelo urbanístico desenvolvido nos últimos 20 anos e que foi recoñecido internacionalmente como un modelo a imitar pola súa sostibilidade. 

A intervención será retransmitida en streaming nesta ligazón

Comentarios