sábado 29.02.2020
O LUME MáIS GRAVE DO VERáN

Un grande incendio en Cualedro arrasa con 3.000 hectáreas en 4 concellos ourensáns

O incendio máis grande rexistrado neste verán, que se iniciou no mediodía do domingo en Cualedro, leva calcinadas máis de 3.000 hectáreas, e segue sen ser apagado. Afecta a catro concellos: Cualedro, Baltar, Xinzo e Trasmirás.

[Imaxe: @BrifLaza. Brigadistas no incendio de Cuadraledo]
[Imaxe: @BrifLaza. Brigadistas no incendio de Cuadraledo]

Se durante a mañá do domingo informábamos das máis de 600 hectáreas calcinadas en Galiza a consecuencia dos lumes forestais, tan só unas horas após temos que confirmar que a cifra ascendeu, como mínimo, ás 3.600 hectáreas. E é que contra as 12h do domingo iniciouse un incendio en Cualedro, parroquia de Lucenza, que continúa activo a estas horas da segunda feira e leva queimadas máis de 3.000 hectáreas, segundo os datos da Consellaría do Medio Rural. O lume deste incendio estendeuse de Cualedro a 3 concellos máis: Baltar, Xinzo e Trasmirás.

A Xunta afiirmas que nos labores de control deste lume participan 3 técnicos, 25 axentes forestais, 61 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 7 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) do Exército español..

A proximidade do lume ás casas provocou que a Consellaría do Medio Rural decretara o nivel de emerxencia dous, que implica a evacuación da veciñanza das súas vivendas e que require da adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Trátase, segundo Medio Rural, do primeiro Grande Incendio Forestal do ano.

Consecuencia do lume, ardeu unha motobomba e o condutor tivo que ser trasladado ao centro de saúde por queimaduras que, segundo a Xunta, non revisten gravidade.

O lume arrasa máis de 250 hectáreas en Manzaneda, nunha zona protexida pola Rede Natura

Ademais, arderon máis de 250 hectáreas en Manzaneda, na parroquia de Cernado. A zona afectada polo lume pertence ao espazo protexido da Rede Natura. Este incendio, segundo a Xunta de Galiza, estaría controlado.

Os últimos datos achegados pola Xunta de Galiza sinalan que permanece activo o lume rexistrado na parroquia de Pradocabalos, en Viana do Bolo, que leva calcinadas 213 hectáreas. Tamén en Viana do Bolo, na parroquia de Pexeiros, arderon 70 hectáreas nun incendio que permanece controlado.

Ademais, atópanse baixo control o lume de Ourense, na parroquia de Cudeiro, onde arderon 55 hectáreas, e o do Barco de Valdeorras, na parroquia de Santigoso, cuxa superficie afectada supera as 70 hectáreas.

comentarios