ARDEN 250 HA EN REDE NATURA

O lume queima máis de 600 hectáreas na fin de semana

Os incendios seguen a asolar o país. No que vai de fin de semana, e segundo os datos provisionais da Consellaría de Medio Rural, xa son máis de 600 as hectáreas calcinadas, 250 delas en espazo protexido Rede Natura, en Manzaneda.

Incendio
photo_camera Incendio

No que vai de fin de semana xa arderon máis de 600 hectáreas. Son os datos provisionais da Consellaría de Medio Rural, que informa de máis de vinte incendios no sur do país. O máis grave deles tivo lugar en Viana do Bolo, onde na parroquia de Pradocabalos arderon máis de 220 hectáreas. A este lume, que permanece activo desde onte, sumóuselle outro incendio na parroquia de Pexeiros, onde arderon máis de 70 hectáreas.

Ademais, Medio Rural sinala que o lume calcinou máis de 250 hectáreas en zona Rede Natura no concello de Manzaneda (parroquia de Cernado). Este incendio, segundo a Xunta, estaría controlado desde esta mesma mañá, despois de se detectar a primeira hora da tarde do sábado.

Tamén está controlado o incendio da parroquia ourensá de Cudeiro, onde ficaron calcinadas 35 hectáreas. O lume en Cudeiro obrigou a activar o nivel 2 de alerta ante a proximidade das lapas ás vivendas.

Comentarios